InicioPolíticaA Vicepresidencia da Deputación financiará melloras no campo de fútbol do Baliño,...

A Vicepresidencia da Deputación financiará melloras no campo de fútbol do Baliño, en Ferreira de Pantón

As actuacións desenvolveranse tanto no campo principal, de herba natural, como no anexo, de céspede artificial, actuando nas zonas máis deterioradas e mellorando as condicións dun dos espazos deportivos de referencia no concello e sede do Ferreira CF

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiará melloras no campo de fútbol do Baliño, en Ferreira de Pantón.O vicepresidente Efrén Castro confirmou a colaboración da institución provincial neste proxecto de mel durante unha visita ao recinto deportivo, de titularidade municipal.

As actuacións desenvolveranse tanto no campo principal, de herba natural, como no anexo, de céspede artificial, actuando nas zonas máis deterioradas e mellorando as condicións dun dos espazos deportivos de referencia no concello e sede do Ferreira CF. A área de Deportes achegará  27.000 euros para executar estas melloras, que se desenvolverán no marco dun convenio interadministrativo co concello. Efrén Castro enmarcou esta colaboración na “aposta por manter unha rede de instalacións que facilite e fomente a práctica do deporte en todo o territorio”

Nese sentido,  o responsable provincial destacou que  “os investimentos en instalacións complementan o apoio que desde a Vicepresidencia da Deputación se presta ao tecido deportivo de base e afeccionado, a través das subvencións de concorrencia competitiva destinadas ao gastos de actividade dos clubs e entidades deportivas e de competicióms especificas como as Copas Deputación” .

Publicación no BOP da resolución provisional das axudas a clubs e entidades deportivas

Este xoves publicouse no Boletín Oficial da Provincia a resolución provisional das axudas de concorrencia competitiva para clubs e entidades deportivas, que contan cun orzamento de 660.000 euros. A resolución contempla 224 axudas concedidas para gastos vinculados coa actividade competitiva, con contías que oscilan entre os 800 e os 6.000 euros dacordo cos criterios establecidos nas bases, referidos ao rendemento deportivo (ascensos de categoría, resultados en campionatos estatais ou internacionais,..), á incidencia social do club (número de licenzas federativas e/ou equipos en relación co número total de cada disciplina), ao ámbito territorial, aos anos de creación da entidade ou ao persoal contratado. Coa publicacióm da resolución provisional, ábrese un prazo de dez días para que os interesados poidan presentar alegacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Seguridade e apoio ás familias, prioridades do Goberno local de Lugo

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, destacou este luns a aposta do Goberno municipal...

Muras convida a observar a eclipse total de Sol desde o Alto da Curuxeira

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da...

Controlado o incendio nun restaurante de Lugo, que obrigou a desaloxar varias terrazas

Os bombeiros de Lugo traballan na extinción dun incendio que se orixinou nun restaurante...

Meteogalicia sinala moi “baixa probabilidade” de nubes o día da eclipse

A maioría dos concellos galegos nos que a eclipse solar deste mércores sexa total...