InicioPolíticaCarmela López preside a Xunta Reitora da UNED que chegou a máis...

Carmela López preside a Xunta Reitora da UNED que chegou a máis de 1.200 matriculados

A Presidenta da Deputación participou na sesión na que se avaliou o desenvolvemento do curso 2025-2026, no que destacou a consolidación do centro como universidade pública de referencia cun crecemento do alumnado respecto ao curso pasado do 12,5%

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presidiu este venres a Xunta Reitora da UNED na sede lucense do centro universitario. Unha sesión na que a directora da entidade, Ana Belén Traseira, deu conta dun récord de matrícula de 1.245 estudantes no curso 2025-2026. Datos que confirman a consolidación do centro lucense como universidade pública de referencia cun incremento do alumnado do 12,5% respecto ao curso 2024-2025.

A directora destacou tamén o impacto económico e social do centro, cun retorno estimado de 13,25 euros por cada euro investido. Ademais, puxo en valor o traballo desenvolvido en materia de transición ecolóxica e sustentabilidade, recoñecido co Galardón Nacional de Boas Prácticas e coa acreditación como primeiro centro da UNED en acadar o nivel 3 de calidade pola súa xestión, avaliación e sustentabilidade.

Na reunión, que coincidiu cos 18 anos de apertura do centro lucense, acordáronse os orzamentos para o exercicio 2027, a programación do próximo curso e as novas actuacións previstas polo centro.

Carmela López puxo en valor estes resultados, que “confirman a consolidación da UNED de Lugo como un referente da universidade pública e un recurso clave para facilitar o acceso á formación superior na provincia”. Destacou tamén a implantación da nova titulación en Intelixencia Artificial o vindeiro curso, “unha aposta estratéxica para o futuro da provincia e un paso importante para reforzar a formación nun dos sectores tecnolóxicos con maior crecemento e proxección”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...