InicioPolíticaA Deputación participa na entrega de equipos contraincendios no sur da provincia

A Deputación participa na entrega de equipos contraincendios no sur da provincia

Pilar García Porto puxo en valor a iniciativa de ABANCA, que repartiu unha trintena de lotes aos concellos, “contribuíndo a reforzar os recursos municipais” nun territorio “como o noso, marcado pola presenza do monte e pola dispersión da poboación”

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este xoves nun acto organizado pola entidade financeira ABANCA para entregar unha trintena de equipos contra incendios de primeira intervención aos concellos do sur da provincia. Unha cita que tivo lugar no polígono industrial dos Acivros de Chantada.

“Nun territorio como o noso, marcado pola presenza do monte e pola dispersión da poboación, a colaboración entre administracións, entidades e tecido económico resulta fundamental”, valorou. Engadiu que “cada achega conta cando se trata de protexer ás persoas, ás vivendas, ás explotacións agrogandeiras e unha paisaxe que forma parte da nosa identidade” e puxo en valor esta acción “que contribúe a reforzar os recursos municipais, axudando a facer fronte a un reto compartido”.

Os equipos que se repartiron esta mañá están compostos por unha mochila ríxida con lanza de dobre acción para expulsar auga de xeito continua e batelumes para sufocar as chamas sobre o terreo. Entregáronse aos concellos de Quiroga, Pantón, Sober, Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, Chantada, O Saviñao, Carballedo, Bóveda, Paradela, Portomarín e Taboada.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...