InicioPolíticaO BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

Ana Pontón participará o mércores nun acto público na Praza Maior no que o Bloque iniciará a carreira electoral baixo o lema "Pola dignidade de Lugo"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía nas eleccións municipais previstas para maio de 2027. A convocatoria terá lugar na Praza Maior, a partir das 20.00 horas, e contará coa participación da portavoz nacional da formación, Ana Pontón.

No acto tamén intervirán o propio candidato e o responsábel local de Galiza Nova, David Díaz. Coa cita, o Bloque busca abrir unha nova etapa de mobilización política na cidade de cara aos próximos comicios municipais, nos que aspira a facerse coa alcaldía lucense.

Arroxo chamou á veciñanza da cidade amurallada a sumarse á convocatoria para, segundo afirmou, “iniciar o camiño e devolver a Lugo o que leva anos elixindo: un goberno de progreso que, a partir de maio de 2027, estará liderado polo BNG”.

O LEMA “POLA DIGNIDADE DE LUGO”

A presentación da candidatura desenvolverase baixo o lema “Pola dignidade de Lugo”. Nun comunicado, o BNG sinalou que traballará durante o próximo ano co obxectivo de “facer historia e conseguir a alcaldía de Lugo”.

A formación nacionalista enmarca esta nova fase política no contexto aberto tras o que cualifica como “golpe de estado municipal protagonizado polo Partido Popular e apoiado por unha concelleira tránsfuga”, en referencia á mudanza no goberno local.

Arroxo tamén puxo en valor o papel desempeñado polo BNG durante os últimos sete anos no executivo municipal. Nese sentido, definiu esa etapa como sete anos “dun goberno de dignidade, de seriedade e de moito traballo”.

O candidato nacionalista defendeu, ademais, a xestión realizada polas áreas asumidas polo Bloque no Concello de Lugo. “O Partido Popular foi incapaz de poñer en cuestión un só proxecto impulsado polo BNG durante estes anos; iso demostra a capacidade de xestión e de transformación do Bloque cando ten responsabilidades de goberno”, subliñou.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo comunica a disposición para recibir parcialmente a urbanización no polígono 1 e 2

O Concello de Lugo deu un paso decisivo para culminar a regularización urbanística dos...

A cova de Eirós e outras do oriente foron refuxios climáticos para neandertais e sapiens

Unha nova investigación no xacemento arqueolóxico da Cova Eirós, en Triacastela permitiu profundar no...

Alerta amarela na montaña de Lugo por treboadas este martes

A Axencia Estatal de Meteoroloxía activou unha alerta amarela por treboadas para este martes,...

Ratifican a absolución para un acusado de agresión sexual a un menor do que descoñecía a súa idade

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...