InicioPolíticaO exdelegado da Xunta Javier Arias perfílase como novo director de Urbanismo...

O exdelegado da Xunta Javier Arias perfílase como novo director de Urbanismo no Concello de Lugo

O exdelegado territorial da Xunta en Lugo presentou a documentación para acceder á praza, nun proceso que Elena Candia agarda resolver nos próximos días pola “urxencia” da área.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exdelegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, que foi relevado do seu posto esta semana polo exconselleiro do Mar Alfonso Villares, perfílase como o próximo director de Urbanismo no Concello de Lugo, tras presentar a documentación para acceder á praza. A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, confirmou que Javier Arias é un dos candidatos, aínda que o proceso está aínda aberto, sendo este venres o último día de prazo para presentarse. Así mesmo, avanzou que espera resolvelo nos próximos días “pola urxencia que ten”.

Nunha intervención ante os medios de comunicación, a alcaldesa asegurou que “sería unha boa noticia que Javier Arias sexa o próximo responsable desta área” e puxo en valor o seu perfil como avogado especializado en urbanismo como un trazo “fundamental”, así como a súa experiencia neste ámbito. Tamén valorou os seus anos na Delegación Territorial, “onde fixo un magnífico traballo”, e lembrou que “participou activamente no desenvolvemento de solo industrial por parte de Suplusa”. Candia deixou a decisión en mans do propio Javier Arias “porque ten máis opcións laborais”, aínda que insistiu en que “contará co seu apoio” decida o que decida, malia que lle gustaría que apostase polo Concello de Lugo.

Se se confirma o seu nomeamento, Javier Arias substituiría a Hipólito Pérez, que foi nomeado polo anterior equipo de goberno, pero que accedeu á súa xubilación o xoves da semana pasada, “momento no que se iniciou o proceso de contratación”, dixo a alcaldesa. “Hai que recoñecer que Hipólito fixo un gran traballo neste tempo, hai que recoñecelo”, afirmou Candia. A rexedora tamén lembrou que o novo equipo lle propuxo continuar no posto, pero que “foi el quen decidiu xubilarse”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...