InicioLugo e contornaO PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras...

O PP pide no Senado aumentar o investimento eléctrico en Lugo tras quedar Altri sen conexión

Os 'populares' denuncian unha "clara discriminación" cara á comunidade na planificación enerxética estatal ata 2030.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP empregou a súa maioría absoluta no Senado para aprobar este martes na Comisión de Transición Ecolóxica unha iniciativa que esixe ao Goberno máis investimento en infraestruturas eléctricas para Galicia e medidas que faciliten a conexión de proxectos industriais e enerxéticos, especialmente na provincia de Lugo. A iniciativa aprobase despois de que o proxecto de Altri en Palas de Rei quedase sen conexión.

A moción, aprobada coa abstención do PSOE e doutros socios do Goberno, pretende incorporar as demandas da Xunta nas vindeiras fases de elaboración da planificación da rede de transporte de enerxía eléctrica con horizonte 2030, entre elas o aumento do investimento destinado á comunidade e unha “maior transparencia” sobre a repartición territorial da nova potencia dispoñible para o consumo.

Segundo recolle o texto, os ‘populares’ consideran que a actual planificación enerxética deseñada polo Executivo sitúa Galicia, e moi especialmente Lugo, nunha situación de “clara desvantaxe”, ao non garantir capacidade abondo para o desenvolvemento de novos proxectos industriais e enerxéticos. Nese sentido, o PP reclama mecanismos “áxiles” que permitan responder ás necesidades de conexión das iniciativas empresariais que queren implantarse en Galicia e que, actualmente, non poden facelo pola falta de capacidade da rede eléctrica.

Ademais, a formación sostén que dispoñer de información sobre a distribución territorial da potencia eléctrica é “imprescindible” para que Galicia poida desenvolver unha planificación industrial e enerxética “efectiva” para os próximos anos. Na exposición de motivos, os populares argumentan que a elevada presenza de enerxías renovables e o proceso de electrificación da economía fan necesario “reforzar as infraestruturas de rede e garantir capacidade suficiente para atender futuros proxectos industriais”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...