InicioPolíticaO PP de Lugo acusa ao Goberno de "non arranxar" a...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, denunciaron que o Goberno central, nunha resposta oficial, recoñeceu que “non ten previsto arranxar a N-634 na provincia de Lugo nin tapar as fochancas do acceso ao Polígono de Vilalba”.

“O seu pésimo estado, con fochas e danos no firme que supoñen un serio perigo para condutores e transportistas, é un claro exemplo das deficiencias e a constante deterioración da rede viaria de titularidade estatal na provincia”, reprocharon.

Así, manifestaron que o Executivo central limítase a falar de accións de mantemento, pero no tramo da Coruña e non no de Lugo.

Por iso, os populares lucenses censuraron o “desprezo de Sánchez” á provincia de Lugo en xeral e, máis concretamente, “a falta de atención ás vías de comunicación da súa competencia no noso territorio”.

Así mesmo, tamén rexeitaron “as escusas do Goberno” porque “o mal estado das estradas nacionais na provincia non se debe aos temporais dos últimos meses en Galicia, senón a anos de abandono”.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG)...