InicioMedioambiente e PatrimonioSometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade...

Sometido a información pública o proxecto de trazado para mellorar a seguridade no Camiño do Norte

Segundo o anuncio publicado este martes no DOG, as persoas que desexen presentar alegacións ao trazado disporán dun prazo de trinta días hábiles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o trámite de información pública para o proxecto de trazado dos treitos comúns do Camiño do Norte que supón a mellora da seguridade do itinerario en dez concellos das provincias de Lugo e A Coruña. Trátase dos municipios de Ribadeo, Trabada, Vilalba, Begonte, Guitiriz, Friol, Sobrado, Boimorto, Arzúa e O Pino.

Estas actuacións intégranse no plan de seguridade de mellora do Camiño de Santiago no que a Xunta está a investir 40 millóns de euros e que prevé actuacións co horizonte posto no Xacobeo 2027.

En concreto, actuarán en máis de 150 quilómetros de 80 concellos do nove itinerarios do Camiño de Santiago para afastar aos peregrinos das zonas perigosas de circulación.

Segundo o anuncio publicado este martes no DOG, as persoas que desexen presentar alegacións ao trazado disporán dun prazo de trinta días hábiles.

A documentación necesaria está colgada na web de Turismo de Galicia, así como na sede central da Axencia, nas áreas provinciais da Coruña e Lugo e nos concellos implicados.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...