InicioEconomíaAs Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control...

As Africores de Lugo entre as beneficiadas con axudas para o control do rendemento leiteiro

As actividades subvencionables a realizar polas entidades beneficiarias son aquelas destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución relativa ás axudas para o control de rendemento leiteiro ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización destas tarefas en Galicia. As achegas ascenden a un millón de euros e benefician ás Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra.

En concreto, esta liña de axudas pretende compensar, en parte, os gastos xerados ás entidades oficialmente recoñecidas para a realización do control leiteiro en Galicia, “atendendo aos importantes beneficios que o sector no seu conxunto recibe pola implantación xeneralizada deste sistema”.

Así, as actividades subvencionables a realizar polas entidades beneficiarias son aquelas destinadas a comprobar sistematicamente as producións e outras aptitudes funcionais das femias reprodutoras leiteiras.

Todo iso para determinar o valor xenético e os méritos ou outras capacidades dos animais, no marco dun programa de cría aprobado oficialmente para a raza, segundo debullou a Xunta nunha nota de prensa.

Con todo, sinalou que este control de rendemento leiteiro ten unha “influencia directa” no futuro do sector lácteo galego “como base da mellora xenética nos esquemas de selección” e desde o punto de vista da sustentabilidade e rendibilidade económica das explotacións.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo terá 50 aloxamentos para menores de 36 anos cun investimento de case seis millóns

O Consello da Xunta autorizou a licitación do contrato de execución das obras para...

Luz verde ambiental con condicións á cidade deportiva do CD Lugo en Outeiro de Rei

A Xunta de Galicia acaba de dar luz verde ambiental con condicións ao Plan...

Un petroglifo único en Europa sae á luz en Lugo: representa o fondo dunha cabana de 40 metros cadrados

Tras os traballos desenvolvidos no Corro dos Mouros entre 2023 e 2025, a cuarta...

Xunta e Concello de Lugo analizan un proxecto mellorar o Campo da Feira de Nadela

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este luns coa alcaldesa de...