InicioPolíticaO alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique "maior...

O alcalde espera que o cambio na reitoría da USC signifique “maior independencia” do campus lucense

Miguel Fernández asegurou que a chegada da catedrática de Estatística, que presentou un "proxecto ilusionante" ao seu entender, contribuirá ao "desenvolvemento de Lugo desde o punto de vista social, económico, educativo e provincial"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, felicitou a Rosa Crujeiras pola súa vitoria nas eleccións á rectoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e fixo pública a súa esperanza de que o cambio outorgue unha “maior independencia” ao campus lucense.

Conforme ao comunicado do executivo municipal, Fernández asegurou que a chegada da catedrática de Estatística, que presentou un “proxecto ilusionante” ao seu entender, contribuirá ao “desenvolvemento de Lugo desde o punto de vista social, económico, educativo e provincial”.

Respecto da reunión que ambos mantiveron o pasado de 4 de febreiro, o rexedor desvelou que falaron sobre “algunhas liñas do seu programa” como a recuperación do Pazo de Montenegro como sede da Vicerrectoría que son de “especial interese” para o Concello de Lugo.

“Durante a reunión que mantiven con ela e con parte do seu equipo coñecín as súas propostas para avanzar no proceso de internacionalización do Campus de Lugo e as medidas que permitirán unha maior defensa das titulacións”, engadiu.

Respecto das medidas que conciernan á área universitaria lucense, Fernández confirmou o “apoio desde o minuto uno” que a brindarán desde o concello co obxectivo de “manter e mellorar o seu nivel de excelencia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...