InicioPolíticaO PSdeG actuará con "contundencia" en "función dos acontecementos" no caso Tomé

O PSdeG actuará con “contundencia” en “función dos acontecementos” no caso Tomé

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, subliñou que o Partido Socialista sempre apela ás vítimas a denunciar e dixo que se a Fiscalía actúa é porque hai denuncia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, asegurou que a formación respecta o proceso xudicial aberto pola Fiscalía contra o expresidente da Deputación de Lugo e actual alcalde de Monforte, José Tomé, e dixo que o partido actuará “en función dos acontecementos”.

Así se pronunciou ao ser preguntado pola decisión do Ministerio público de querellarse contra Tomé tras recibir a denuncia por uns feitos que considera que “están suficientemente determinados” e posúen “indicios fundados de criminalidade”.

Lara Méndez subliñou que o Partido Socialista sempre apela ás vítimas a denunciar e dixo que se a Fiscalía actúa é porque hai denuncia. “Cando temos coñecemento, sempre animamos a que se produza esa denuncia e, por tanto, hai unha denuncia e a Fiscalía actua e agora temos que ser respectuosos tamén cos procesos xudiciais”, afirmou.

Ademais, interpelada tamén por se o PSOE deixará de apoialo no Concello de Monforte, onde Tomei –xa fóra das siglas socialistas– goberna como alcalde non adscrito pero co apoio do PSOE, Méndez dixo que a formación irá observando como se desenvolven os acontecementos e que actuará “con contundencia” en función diso.

Todo iso nunha intervención na que lembrou que o proceso aberto a nivel interno contra Tomé quedou suspendido unha vez que o asunto foi xudicializado. “Agora temos que ser, como sempre nun Estado de Dereito, respectuosos coa xustiza e tamén respectuosos coa presunción de inocencia e a oportunidade de que toda persoa poida tamén defenderse”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...