InicioPolíticaO PP provincial pedirá reintegrar os traballadores da antiga Suplusa á Deputación

O PP provincial pedirá reintegrar os traballadores da antiga Suplusa á Deputación

Os populares consideran que “PSOE e BNG, co expresidente Tomé á cabeza, non só saltaron a lei ao non pasar polo Pleno a decisión de comprar a acción de Tragsa, senón tamén ao adxudicar traballos de forma directa sen un procedemento ordinario ou de concorrencia pública”.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP esixe ao goberno provincial reintegrar na Deputación de Lugo aos traballadores de Suplusa que PSOE e BNG enviaron a Tragsa no momento no que acordaron mercar unha acción desta empresa pública para encomendarlle os traballos de mantemento e conservación das zonas verdes provinciais.

Os deputados provinciais teñen solicitado un Pleno extraordinario da Deputación de Lugo que se celebrará este martes despois da sesión ordinaria para esixir ao goberno provincial dar cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo dando por rematados os encargos a Tragsa, asumir a xestión directa do mantemento e conservación das zonas verdes e subrogar os traballadores para integralos na Deputación de Lugo.

A sentenza, que xera xurisprudencia a nivel nacional, recoñece as ilegalidades do goberno provincial que, a pesar de erixirse como exemplo, o único que fan é ternos acostumados a actitudes ditatoriais e, lamentablemente, a poñer o nome da provincia como exemplo do que non se debe facer dende unha institución pública”, explica o portavoz, Antonio Ameijide.

Os populares consideran que “PSOE e BNG, co expresidente Tomé á cabeza, non só saltaron a lei ao non pasar polo Pleno a decisión de comprar a acción de Tragsa, senón tamén ao adxudicar traballos de forma directa sen un procedemento ordinario ou de concorrencia pública”.

ACTIVIDADE ORDINARIA

Os deputados provinciais do Partido Popular tamén defenderán no Pleno ordinario outras dúas iniciativas. Unha delas dirixida a esixirlle ao goberno provincial que a Deputación de Lugo, dentro das súas competencias de asistencia aos Concellos especialmente de menor capacidade, habilite un plan extraordinario de cooperación cos concellos por 5M€ para a recuperación de infraestruturas municipais afectadas polos danos dos temporais.

Así mesmo, defenderán unha proposta para que a Deputación de Lugo inste ao Goberno de Sánchez a retirar o recurso que bloquea o Plan de axilización da dependencia impulsado pola Xunta que permite simplificar trámites administrativos para miles de persoas en situación de dependencia.

Os populares tamén preguntarán cando teñen previsto PSOE e BNG executar os arranxos pendentes na escola de piragüismo, unha infraestrutura de titularidade provincial que presenta numerosas e graves deficiencias na cuberta e con tubaxes rotas que xera humidades. “Os usuarios e os profesionais que empregan estas instalacións merecen unhas condicións dignas e seguras, e a Deputación debe asumir a súa responsabilidade como titular do inmoble”, segundo manifesta o portavoz.

O Grupo Provincial tamén se dirixirá ao goberno para saber cando ten previsto reconstruír a ponte que caeu o pasado martes 27 de xaneiro na estrada provincial LU-P-3501 ao seu paso polo termo municipal de Navia de Suarna.

Por outra banda, os populares urxirán a acometer debidamente os traballos de mantemento e poda das árbores das marxes de tódalas vías provinciais actuando de forma urxente nas inmediacións do CEIP Antía Cal de Muras na marxe da LU-P-3401 onde as pólas das árbores invaden o espazo da calzada supoñendo un importante risco para a comunidade educativa.

Os deputados do PP tamén instarán á Deputación de Lugo a acometer de forma urxente as necesarias actuacións de mantemento na estrada LU-P-6103 que comunica Barreiros e Trabada e no resto da rede viaria provincial para garantir a seguridade dos veciños e veciñas da provincia de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP de Guitiriz leva aos tribunais á alcaldesa por suposta falsidade documental e cobro indebido de dietas nunha viaxe privada a Portugal

Os concelleiros do Partido Popular de Guitiriz presentaron unha denuncia contra a alcaldesa da...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

O PP de Lugo reclama garantir a seguridade na Milagrosa cunha actuación “firme”

O Partido Popular de Lugo reiterou o seu compromiso co barrio da Milagrosa e...