InicioPolíticaO PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O partido considera os feitos intolerables e pide a condena de todas as formacións políticas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Vilalba expresou a súa “máis rotunda e enérxica condena” ante un novo ataque vandálico perpetrado contra o busto de Manuel Fraga. Segundo a formación, “non se trata dun feito illado”, senón dunha “reiteración inaceptable de ataques” que reflicten unha actitude “intolerable e antidemocrática”. Os populares subliñaron que condutas deste tipo non deben ter cabida nunha sociedade plural e respectuosa, e que a impunidade só favorece a súa repetición.

O PP de Vilalba vinculou este ataque ao intento recente de retirar o busto de Fraga do Senado, considerándoo como parte dunha campaña en contra da figura do expresidente. Lembraron que, hai tres anos, a Mesa do Senado aprobou que o busto permanecese nas instalacións en recoñecemento a Fraga como “un dos pais da Constitución” e consideraron “absolutamente incomprensible e irresponsable” que certos partidos promovan ou amparen iniciativas destinadas a boicotear a permanencia do busto.

Tamén o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, denunciou a vandalización a través de X, afirmando que “non respectan os símbolos nin a un presidente que conseguiu catro maiorías absolutas de todos os galegos”, e que “non respectan máis que o seu propio sectarismo”. O PP de Vilalba pediu que todas as formacións condenen de maneira clara e sen ambigüidades este novo ataque, advertindo que “o silencio ante un acto vandálico desta gravidade non é neutralidade: é complicidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...