InicioPolíticaRueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego advirte de que pactar con Tomé sería un "xigantesco exercicio de hipocrisía".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG este luns a comportarse “con coherencia” e a non facilitar a elección da alcaldesa de Burela, Carmela López, como presidenta da Deputación de Lugo. A votación para cubrir o posto tras a renuncia de José Tomé, que dimitiu tras as denuncias por acoso sexual pero retivo a acta provincial así como a Alcaldía de Monforte, terá lugar nun pleno previsto para o vindeiro mércores.

“Agardo que non se dea o xigantesco exercicio de hipocrisía de pactar o goberno con quen provoca toda esta situación porque se podería dar un tripartito entre o PSOE ou o que queda del, o BNG, e o señor Tomé”, advertiu Rueda, na comparecencia de prensa posterior ao Consello da Xunta. “Veremos se hai coherencia”, continuou, antes de matizar que por parte do PSOE xa non a agarda e apuntar ao BNG.

Así, sinalou que os nacionalistas “denostaron” a Tomé e asegurou que está á agarda de ver se manteñen “a coherencia” ou perden “a lexitimidade” ao facer “o contrario ao que estiveron a dicir estes días”. Por parte do PP, esgrimiu que, se non existise un acordo alternativo, non lle faría falta “pactar con ninguén” para acceder á Presidencia da institución provincial.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...