InicioPolíticaPP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García...

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Meijide, incidiu en que Ana Pontón e o BNG "levan varias semanas nun goberno provincial presidido por un presunto acosador e codirigido por unha das encubridoras confesas"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que aclare se a formación nacionalista aceptará os votos de José Tomé, “presunto acosador sexual”, e de Pilar García Porto, “encubridora”, para conservar a vicepresidencia da institución provincial.

Ameijide lamentou que, a pesar das palabras de Pontón, “o BNG segue sen responder á pregunta crave que preocupa a toda a provincia”, que é “se vai soster ou non un goberno provincial cos votos de Tomé e García Porto.

O portavoz ‘popular’ ha incidido en que Ana Pontón e o BNG “levan varias semanas nun goberno provincial presidido por un presunto acosador e codirixido por unha das encubridoras confesas”. “Falta saber se o van a prorrogar e aceptar os votos de ambos”, insistiu Ameijide.

Por outra banda, reiterou a necesidade dunha “dimisión completa e inmediata” de ambos os socialistas, xa que “non chega con renunciar á presidencia da Deputación” porque a institución non pode estar “manchada” coa presenza de “persoas salpicadas por acusacións tan graves”, que “condicionan” a súa gobernabilidade”.

Ameijide sinalou que, no último pleno, Pilar García Porto “recoñeceu publicamente que, de non transcender este escándalo, non se adoptou ningunha medida por parte do PSOE da provincia de Lugo”. “Recoñecer este extremo demostra que nunca tiveron unha vontade real de actuar, ata que o caso se fixo público”, engadiu.

Para o portavoz ‘popular’ é “incoherente e hipócrita” que, mentres os deputados nacionalistas optan por non acudir ás xuntas de goberno que presidiu Tomé (nin ao pleno extraordinario no que se fixo efectiva a súa dimisión), “seguen sen responder” si aceptarán eses votos. “O silencio do BNG apunta a que están dispostos a aceptar eses votos para manter a vicepresidencia da Deputación”, criticou.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...