InicioPolíticaO Concello de Lugo determina que "non existiu acoso" por parte da...

O Concello de Lugo determina que “non existiu acoso” por parte da concelleira de Cohesión Social cara as traballadoras

O Concello de Lugo determinou que "non existiu acoso laboral" por parte da concelleira de Cohesión Social e Territorio, Ana González Abelleira, tras analizar as acusacións presentadas por traballadoras municipais, tamén dirixidas á xefa do Servizo de Benestar Social.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo determinou que “non existiu acoso laboral” por parte da concelleira de Cohesión Social e Territorio, Ana González Abelleira, tras analizar as acusacións presentadas por traballadoras municipais, tamén dirixidas á xefa do Servizo de Benestar Social. Así o difundiu este mércores o Goberno local, que se fixo eco dunha resolución emitida pola súa Área de Xestión Integral de Recursos Internos, á súa vez baseada no ditame do Comité de Valoración de Acoso Laboral. Ao considerar que “non hai acoso”, concluíuse que “non hai lugar” a iniciar unha investigación.

Tal e como difunde o consistorio lucense, o documento recolle que, a partir dos escritos presentados e das condutas neles descritas, “non se deduce que se cumpran os requisitos para considerar que [as traballadoras] estean a sufrir acoso laboral”. Así mesmo, explica que, en base ao procedemento de actuación ante o acoso, hai unha serie de características comúns que o definen e que “non se produciron no caso analizado”.

CONCELLO DESTACA O “COMPROMISO DA CONCELLEIRA”

Por outra banda, o Goberno local, que asegura corroborar que non se tratou dun caso de acoso, destacou o “bo traballo do servizo” e o “compromiso da concelleira e do persoal do servizo”. Neste contexto, lamentou o “dano persoal e á reputación” causado “a unha compañeira que traballa diariamente a servizo dos veciños”. Tamén chamou a “non banalizar nin empregar con fins alleos acusacións tan graves”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...