InicioPolíticaO presidente da Deputación de Lugo busca reforzar os vínculos con Arxentina...

O presidente da Deputación de Lugo busca reforzar os vínculos con Arxentina nun encontro co embaixador en Buenos Aires

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, explorou con Joaquín de Arístegui novas vías de colaboración para impulsar o tecido empresarial lucense e apoiar á colectividade galega no país.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo un encontro institucional na Embaixada de España en Buenos Aires co embaixador Joaquín María de Arístegui Laborde, dentro da súa axenda oficial en Arxentina. Trátase dunha reunión coa que o presidente provincial busca reforzar a colaboración institucional e empresarial, e proxectar a provincia lucense.

En concreto, analizaron novas vías de colaboración entre a Deputación e a representación diplomática española en cuestións vinculadas ao impulso empresarial, a proxección internacional da provincia e o apoio á comunidade galega no exterior. Pola súa banda, o embaixador expresou a súa disposición a colaborar nas necesidades empresariais e sociais da Deputación para desenvolver as súas políticas de dinamización económica e apoio ao tecido produtivo lucense.

Así mesmo, o senador lucense César Mogo subliñou “a importancia de reforzar os vínculos institucionais entre os dous territorios e o papel crave que desempeña a embaixada como canle de apoio ás administracións españolas e ás comunidades galegas asentadas no país”. Segundo detallou a Deputación nunha nota de prensa, tamén aproveitaron a reunión para abordar “a boa acollida” da denominada Lei de Netos, impulsada polo Goberno de España, “que permitiu recibir máis de 1.042.000 solicitudes de dobre nacionalidade, fundamentalmente de descendentes de terceira e cuarta xeración“.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...