InicioPolíticaComeza a construción dunha rede de 30 camiños rurais na parcelaria de...

Comeza a construción dunha rede de 30 camiños rurais na parcelaria de Triabá, en Castro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o alcalde de Castro de Rei visitou este mércores as obras na parroquia de Triabá, Castro de Rei, que permitirán crear unha rede de 30 novos camiños rurais na zona de concentración parcelaria. Este proxecto conta cun investimento da Xunta superior aos 4,2 millóns de euros nun plan de financiamento ata 2028.

Así, acompañada polo alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, supervisou o inicio dos traballos, que están cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e inclúen a construción de canles de drenaxe, obras de paso e balsas de decantación.

Con estas obras habilitaranse máis de 27,6 quilómetros de novos camiños, ademais de 13 canles e outras actuacións de drenaxe transversal, a limpeza e reapertura dunha canle completamente desnaturalizada, e outras intervencións destinadas a mellorar a xestión da auga na zona. Estas actuacións enmárcanse dentro do Plan de Reestruturación Parcelaria, dotado en 2025 con 14 millóns de euros.

Gómez destacou que este investimento “supón unha mellora significativa” para unha parcelaria que abarca 1.163 hectáreas, distribuídas en 3.144 parcelas pertencentes a máis de 550 propietarios. A conselleira subliñou que este tipo de actuacións “son unha ferramenta crave para mobilizar terra agraria, combater o minifundismo, incrementar o valor das leiras e ampliar a base territorial das explotacións, contribuíndo ao mesmo tempo a reducir o abandono de terras”.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...