InicioPolíticaMiguel Fernández pide "calma" no proceso de substitución de Pablo Permuy, previsto...

Miguel Fernández pide “calma” no proceso de substitución de Pablo Permuy, previsto para finais de outubro

Por orde de lista, accedería ao Consistorio María Reigosa, enxeñeira de Costas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

alcalde de Lugo, o socialista Miguel Fernández, avanza este luns que a substitución do concelleiro Pablo Permuy, falecido o pasado xoves tras unha longa enfermidade, farase no pleno de finais de outubro, pero non quixo matizar detalles sobre a mesma. “A situación sobrevinda é moi recente e non hai prema para tomar decisións”, avanzou Fernández, quen pide “calma” e ve a substitución como “claramente normalizada”.

Por orde de lista, accedería ao Consistorio María Reigosa, enxeñeira de Costas, “pero aínda se están tendo as conversacións necesarias coas partes interesadas para ver se segue manifestando o mesmo interese que cando se integrou na lista electoral”, engade. O alcalde insiste en que “non hai présa ningunha” por facer efectivo o cambio, xa que falta aínda un mes, e recalca que “hai que respectar a esta persoa e as súas decisións”. O que si avanzou o alcalde é que podería modificarse a repartición de áreas debido a que se incorpora unha persoa “con perfís profesionais e técnicos moi diferentes” pero insistiu en que eses cambios “se sopesarán” e comunicaranse cando se decidan.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...