InicioPolíticaO PP esixe ao Goberno central explicacións sobre os "constantes incidentes" na...

O PP esixe ao Goberno central explicacións sobre os “constantes incidentes” na liña ferroviaria Lugo-Ourense

Un dos últimos incidentes foi a supresión do servizo entre Lugo e Ourense na tarde do pasado domingo. "Estaba prevista a parada en Sarria, pero non realizou o traxecto deixando aos usuarios abandonados", denunciaron os populares.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados do PP lucense Jaime De Olano, Francisco Conde e Cristina Abades esixiron ao Goberno central explicacións sobre os “constantes incidentes” na liña ferroviaria Lugo-Ourense que evidencian “o agravamento da provincia en materia de comunicacións”. Segundo trasladou o partido político nunha nota de prensa, estas “deficiencias non son admisibles”, polo que reclamaron “solucionar as causas que motivan os habituais incidentes” que “dificultan a mobilidade dos lucenses e lastran o desenvolvemento e a competitividade da provincia”.

Nesta liña, os populares advertiron que “por desgraza, o extraordinario é que o servizo se produza sen ningún sobresalto”, porque os “atrasos, utilización de medios alternativos e a supresión de servizos son circunstancias habituais para os lucenses e visitantes da provincia”. A isto súmase que nalgunhas localidades de interese turístico o número de usuarios increméntase no verán. É o caso de Sarria onde chegan moitos peregrinos para empezar o Camiño Francés.

Con respecto a esta localidade, os populares lembraron que un dos últimos incidentes foi a supresión do servizo entre Lugo e Ourense na tarde do pasado domingo. “Estaba prevista a parada en Sarria, pero non realizou o traxecto deixando aos usuarios abandonados e, o que é peor, sen ningún tipo de información nin por parte de Renfe nin por parte de Adif que deberían ofrecer desculpas aos usuarios e ofrecer algún tipo de compensación aos afectados”, denunciaron.

+ posts

ÚLTIMAS

Alerta nos Ancares por unha “praga” de xabarís: os gandeiros temen o contaxio de enfermidades e esixen accións á Xunta

O Sindicato Labrego advirte dun aumento sen precedentes dos ataques, que ameaza a viabilidade das explotacións, e reclama a Medio Ambiente peches preventivos e un control sanitario estrito.

O PP acusa a Carmela López de manter “o mesmo sectarismo” que Tomé na Deputación

O grupo provincial do PP na Deputación de Lugo acusou á presidenta do organismo,...

Morre apuñalada polo seu fillo durante un brote psicótico na súa vivenda en Lugo

Unha muller faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) na madrugada deste luns despois...

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...