InicioPolíticaO PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas...

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

Os populares critican a "hipocrisía" dos gobernos locais e provinciais e reclaman unha xestión pública real.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun “modelo privatizador” nas residencias da provincia de Lugo, tanto na Deputación como nos municipios nos que gobernan. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e o portavoz na Deputación, Antonio Ameijide, reuníronse con membros da Plataforma Prol Residencia de Becerrá para abordar esta cuestión.

Así, Elena Candia pediu a PSOE e Bloque que “respecten á xente de Becerreá, que cumpran o que piden facer noutras administracións e que abandonen a hipocrisía para que Becerreá teña a residencia que merece”.

Din defender os intereses dos galegos, pero consenten que outras comunidades vaian ter máis á conta de que Galicia teña menos cunha ‘cota’ feita á medida do independentismo catalán e a cambio de prolongar un pouco máis a agonía de Pedro Sánchez na Moncloa”, recriminou Prado. Mentres, Antonio Ameijide esixiu que “todos os centros presten os servizos para o cales foron creados e co mesmo prezo en toda a provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...