InicioPolíticaDesatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados...

Desatascar a praia fluvial e as obras da Rolda Este, compromisos acadados entre Xunta e Concello

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xunta de Galicia e o Concello de Lugo alcanzaron compromisos, tras unha reunión conxunta mantida este martes, para “desatascar” asuntos en relación á cidade, como as obras na Rolda Este ou a construción dunha praia fluvial nos Robles. 

En canto á Rolda Este, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mostrou o compromiso do Goberno galego a ter finalizados este trimestre o estudo de impacto ambiental e o proxecto. O Executivo sinalou este asunto como “unha prioridade absoluta” para a cidade.

Nesta liña, a Xunta terá este ano catro alternativas para Rolda, sobre as que piden ao alcalde “un máximo consenso” para elixir unha delas e comezar “canto antes” as obras, para as que dispoñen dun orzamento de 30 millóns de euros. “Procurarase escoller a alternativa máis adecuada”, sinalou Calvo.

PRAIA FLUVIAL NOS ROBLES

Así mesmo, o Concello e o Goberno galego trasladaron as súas intencións de asinar un protocolo conxunto que permita avanzar na creación dunha zona de baño público no río Miño, exposta para Os Robles. Este é un espazo no que “historicamente se bañaban os veciños”, segundo detallou o rexedor, Miguel Fernández.

“A día de hoxe, Lugo é un dos concellos da provincia que non conseguiu legalizar esa zona de baño”, contextualizou Calvo. Por iso, a futura firma deste protocolo –en conxunto coa Deputación– posibilitará a concesión do chan público e a construción da praia fluvial.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...