InicioPolíticaO BNG presentará unha batería de iniciativas no Congreso para reclamar máis...

O BNG presentará unha batería de iniciativas no Congreso para reclamar máis servizos ferroviarios para Lugo

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advirte do risco da nova estación intermodal de Lugo de quedar "baleira de contido real"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG, Néstor Rego, anunciou unha batería de iniciativas no Congreso para esixir ao Goberno central “un compromiso real” para que haxa máis servizos ferroviarios para Lugo. A formación nacionalista pide axilizar infraestruturas con máis investimentos, reposición de servizos suprimidos e unhas conexións de tren “dignas” para Lugo. Advirte do risco de que a nova estación intermodal quede “baleira de contido real” se non se acompaña cunha mellora substancial das infraestruturas e, sobre todo, da ampliación da oferta de servizos ferroviarios.

O deputado do Bloque estivo acompañado polo tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, así como por representantes institucionais da organización nacionalista. “Unha estación sen trens non é unha intermodal, é unha media-modal. Os veciños de Lugo levan décadas esperando conexións dignas e competitivas. O tempo pasa, anúncianse obras, pero os trens seguen sen chegar ou chegan con tempos impropios do século XXI”, denuncia Rego.

Incide en que “aínda é preciso finalizar as obras con Ourense e modernizar a liña Lugo-A Coruña”, ademais de “impulsar a conexión con Compostela, xa en estudo grazas ao BNG”. A formación nacionalista tamén reclama a reposición e ampliación dos servizos ferroviarios: “Os suprimidos nos últimos anos, así como a implantación de novas frecuencias e conexións que permitan vertebrar o territorio e garantir o dereito á mobilidade da cidadanía lucense”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...