InicioPolíticaMiguel Fernández reclama un "maior compromiso" da Xunta nos proxectos de valor...

Miguel Fernández reclama un “maior compromiso” da Xunta nos proxectos de valor estratéxico para a cidade

Entre eles referiuse á finalización do corredor Nadela-Sarria e á reactivación do plan Paradai, así como ao futuro Museo da Romanización ou á recuperación do barrio da Tinería.

PUBLICADA O

- Advertisement -

alcalde de Lugo, Miguel Fernández, reclamou un “maior compromiso” por parte da Xunta naqueles proxectos que sexan estratéxicos para a cidade, entre eles referiuse á finalización do corredor Nadela-Sarria e á reactivación do plan Paradai, así como ao futuro Museo da Romanización ou á recuperación do barrio da Tinería.

“A nosa man está tendida para colaborar co Goberno autonómico en todo o que sexa necesario para que Lugo avance, pero urxe que a Xunta axilice a materialización dos asuntos pendentes e concrete solucións para os proxectos estratéxicos que son da súa competencia e están a condicionar o desenvolvemento e benestar dos veciños”, sinalou o rexedor.

Neste sentido, destacou a necesidade de avanzar na conexión do polígono industrial das Gándaras coa A-6, así como en finalizar o corredor de Nadela a Sarria. Así mesmo, o goberno local afeou a “parálise” do plan Paradai, un proxecto no que, segundo lembrou nunha nota de prensa, “tanto o Concello de Lugo como a Confederación Hidrográfica Miño-Sil cumpriron cos seus compromisos asumidos”.

Neste contexto, o alcalde tamén fixo un chamamento á Xunta para que rehabilite o barrio da Tinería, “unha zona de gran valor patrimonial e artística que necesita unha intervención decidida para pór en valor o seu patrimonio histórico”. Con todo, Fernández tamén afeou a “falta de acción” respecto ao proxecto do Museo da Romanización, un proxecto que cualificou de “fundamental” para dar visibilidade a máis de 15.000 pezas arqueolóxicas descubertas na cidade amurallada durante as últimas décadas.

+ posts

ÚLTIMAS

Javier Arias asume Urbanismo en Lugo para desbloquear licenzas e reforzar unha área “estratéxica”

O Goberno local de Lugo deu conta este venres do nomeamento de Javier Arias...

Identifican o agresor sexual dunha nena na cidade de Lugo en 2019

A Policía Nacional de Lugo informou do esclarecemento dun caso de agresión sexual cometida...

O BNG presenta en Lugo a candidatura de Rubén Arroxo á alcaldía para as municipais de 2027

O BNG celebrará o vindeiro mércores en Lugo un acto público para presentar a...

A Policía Nacional investiga seis roubos en vehículos estacionados nunha rúa de Lugo

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer seis roubos rexistrados en...