InicioPolíticaO PP de Lugo pregunta polos accidentes na N-540 e se están...

O PP de Lugo pregunta polos accidentes na N-540 e se están relacionados co seu mal estado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano pediron ao Goberno que dirixe Pedro Sánchez explicacións para que detalle o número de accidentes rexistrados na N-540 (Lugo-Ourense) o último ano e cales deles están vinculados ao mal estado da estrada, que destacaron que é “unha odisea para a circulación.

Segundo informaron nunha nota de prensa, é cada vez “máis habitual” atopar coches avariados por danos provocados polo estado da vía, que conta con fochas, desniveis ou tramos con grava solta, que “provoca falta de adherencia e multiplica o risco de accidente”.

Nesta liña, destacaron que hai zonas “especialmente críticas”, con fochancas que obrigan aos condutores a transitar a moi baixa velocidade, e mesmo a parar para evitar sinistros e danos nos vehículos.

Así, os populares reprobaron a “falta de interese e de investimento” por parte do Goberno central, e aseguraron que “é incapaz” de facer fronte ás súas obrigacións de conservación e mantemento das estradas de titularidade estatal.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...