InicioA UlloaPalas de ReiA eurodeputada Ana Miranda envía unha carta a Teresa Ribera para reunirse...

A eurodeputada Ana Miranda envía unha carta a Teresa Ribera para reunirse con colectivos contrarios a Altri

PUBLICADA O

- Advertisement -

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, remitiu este luns unha carta á vicepresidenta executiva da Comisión Europea para unha Transición limpa, xusta e competitiva, Teresa Ribera, na que solicita unha reunión cos colectivos que se opoñen á instalación da factoría que a multinacional lusa Altri quere instalar no municipio lucense de Palas de Rei.

“Desde o BNG seguimos traballando en contra do espolio do noso país e por iso pensamos que é imprescindible que a vicepresidenta Ribera coñeza de primeira man os argumentos contrarios á instalación de Altri“, subliñou Miranda.

Así, nunha nota de prensa, explicou que este proxecto “está a causar unha gran oposición na sociedade galega”, xa que, “aínda que inicialmente contemplábase a instalación dunha fábrica téxtil, finalmente trátase dunha macrocelulosa que pretende instalarse nunha zona agrogandeira rica en biodiversidade, Patrimonio da Humanidade da Unesco”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...