InicioSucesosO ministro Puente promete que o segundo viaduto do Castro estará listo...

O ministro Puente promete que o segundo viaduto do Castro estará listo “antes de final de ano”

Fíxoo á pregunta do senador lucense do PP José Manuel Balseiro de se o Goberno ten xa conclusións definitivas sobre as causas do esborralle na autovía A-6 do viaduto do Castro, un incidente que aconteceu en xuño de 2022, despois da finalización das obras de emerxencia encargadas polo Ministerio de Transportes

PUBLICADA O

- Advertisement -

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, asegurou este martes no Senado que o segundo viaduto do Castro, que comunica os termos municipais de Pedrafita do Cebreiro e Veiga de Valcarce, estará finalizado “antes de final de ano”.

Tras sinalar que xa se conseguiu repor o primeiro no “tempo marca” dun ano e a pesar da complexidade polas súas dimensións, Puente trasladou o seu “compromiso” de que “antes de final de ano” estea “concluído o segundo viaduto”, durante a sesión de control ao Goberno.

Fíxoo á pregunta do senador lucense do PP José Manuel Balseiro de se o Goberno ten xa conclusións definitivas sobre as causas do esborralle na autovía A-6 do viaduto do Castro, un incidente que aconteceu en xuño de 2022, despois da finalización das obras de emerxencia encargadas polo Ministerio de Transportes.

Puente indicou que as conclusións provisionais fixéronse públicas en novembro de 2022 en sede parlamentaria e “foron ratificadas polo estudo definitivo”. “Non hai nada que ocultar”, afirmou.

Por parte do PP, Balseiro incidiu en que o viaduto colapsou tres días antes de abrilo ao tráfico e “despois de gastar o Goberno 26 millóns de euros”, polo que pediu que se depure “algunha responsabilidade”, ademais de lamentar que xa son varios anos en obras, que do cinco carrís só está aberto un e que o Goberno non lles remite por escrito as conclusións.

ÚLTIMAS

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A montaña de Lugo amence con neve e temperaturas inferiores a -2

Comarcas do leste galego, nas provincias de Ourense e Lugo, anotaron nas últimas horas...

A Deputación premiará con 1.600 euros ás mellores fotos das Reservas de Terra do Miño e Os Ancares

A Deputación de Lugo abriu xa a incripción ao VIII Concurso de Fotografía de...

Alertan en Lugo do risco de caída dun menor subido nunha cadeira a un balcón para “contar coches”

Axentes da Policía Local de Lugo desprazáronse, na mañá do pasado martes, a unha vivenda tras...