InicioPolíticaElena Candia pide ao Goberno local "empatía" coas comisións de festas tras...

Elena Candia pide ao Goberno local “empatía” coas comisións de festas tras a suspensión das do Castiñeiro

O colectivo organizador decidiu cancelar os festexos ao serlle denegados os permisos, por "motivos de seguridade" e tras a presentación da documentación requirida, á maioría dos barraquistas que pretendían instalarse no barrio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo, Elena Candia, solicitou este luns en rolda de prensa ao Executivo local “maior empatía” e unha “actitude colaboradora” coas comisións de festas da cidade tras a suspensión dos festexos de San Antonio, a xornada do sábado, no barrio do Castiñeiro da capital.

As palabras de Elena Candia tiveron lugar 48 horas despois de que a asociación veciñal Nova Abella, a entidade organizadora do evento, achacase o sábado nun comunicado ao “deixamento” da Tenencia de Alcaldía de Lugo (da que dependen os permisos) a suspensión das festas, que debían prolongarse desde o xoves ata o domingo pero que se cancelaron o sábado.

O colectivo organizador decidiu cancelar os festexos ao serlle denegados os permisos, por “motivos de seguridade” e tras a presentación da documentación requirida, á maioría dos barraquistas que pretendían instalarse no barrio. A asociación veciñal denunciou tamén a solicitude dun “esaxerado” aval de 5.000 euros por parte da administración local para poder levar a cabo os festexos.

“Todos queremos a seguridade das festas, pero hai que ter claras as regras do xogo, ter clara a normativa. E certezas. Porque vemos que hai comisións de festas ás que piden un aval de 3.000 euros, a outras un aval de 5.000 euros e outras que non se pide aval“, argumentou Candia, para acto seguido subliñar o carácter patrimonial das festas nos barrios e o seu papel como “axentes dinamizadores”.

O PP lucense, que fixo extensible a súa queixa a toda a Corporación de Goberno, centrou as súas críticas, con todo, na figura do tenente de alcalde, Rubén Arroxo (BNG), a quen acusaron de pedir ás comisións “uns prazos e uns requisitos que non cumpre”, dixeron, “cando é el o organizador”. Elena Candia, que asegurou que as comisións de festas “se senten francamente maltratadas” pola falta de colaboración do Concello, instou ao Goberno municipal a regular os procedementos para evitar “incertezas” e “inseguridades” á hora de levar a cabo a organización de festexos na cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...