InicioPolíticaOlano censura que Sánchez deixe a Lugo sen alta velocidade e "obrigue...

Olano censura que Sánchez deixe a Lugo sen alta velocidade e “obrigue a Tomé a contar unha mentira que non cre ninguén”

Tomé defendeu esta semana que ir a Ourense en tren levará menos de 45 minutos e instou aos populares a facer "unha simple regra de tres".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado por Lugo no Congreso Jaime de Olano censurou este xoves que o Goberno que dirixe Pedro Sánchez “deixe a Lugo sen alta velocidade” “obrigue” ao presidente da Deputación, José Tomé, a “facer o ridículo cunha mentira que non cre ninguén”, en relación aos tempos de viaxe entre Lugo e Ourense unha vez que terminen as obras de modernización da liña ferroviaria.

En concreto, na mesma xornada que o PP de Lugo compareceu ante os medios para realizar varias denuncias sobre o atraso ferroviario en Lugo e outras infraestruturas, Tomé contestou cunha reivindicación do investimento para modernizar a liña Lugo-Ourense e afirmando que bastaba realizar “unha simple regra de tres” para constatar que se podería facer o percorrido en menos de 45 minutos. Ao día seguinte, co foco en Olano, reiterou o seu consello de facer “unha regra de tres”.

Este xoves, Olano esixiu a Tomé “respecto aos lucenses” e instoulle a “deixar de mentir para tentar tapar” que Sánchez “discrimina á provincia”. “Atendendo aos informes técnicos, é un disparate de proporcións monumentais afirmar que o tempo de viaxe será de 45 minutos. No mellor dos tempos, o tempo non baixará da hora e cuarto”, aseverou.

“SI SE PODERÍA REDUCIR COAS VARIANTES”

Segundo o popular, que alude ao informe do Clúster da Función Loxística de Galicia, as obras na liña non redundarán “significativamente” nos tempos de viaxe porque “a actual velocidade máxima de 160 km/h non se verá modificada e a previsión é que a velocidade media non será superior a 75 km/h”. “O tempo da viaxe si se podería reducir significativamente coa construción das variantes que estaban planificadas polo Ministerio e Adif durante o Goberno do PP”, contrapuxo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG actuará con “contundencia” en “función dos acontecementos” no caso Tomé

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, asegurou que a formación respecta o...

Un morto e tres feridos nun accidente de tráfico no Paseo do Rato de Lugo

Un grave accidente de tráfico ocorrido durante a madrugada deste xoves no Paseo do...

Mobilización veciñal en Cervantes para denunciar o peche do consultorio de Doiras

Veciños da localidade lucense de Cervantes concentráronse este xoves diante do centro de saúde...

Inaugurado o proxecto fotográfico “Facedoras de Lugo” no Museo Provincial de Lugo

O deputado Daniel García participou esta tarde na inauguración do proxecto fotográfico “Facedoras de...