InicioPolíticaAmeijide e Elena Candia destacan o "tirón de orellas" da Valedora a...

Ameijide e Elena Candia destacan o “tirón de orellas” da Valedora a Tomé e tachan a PSOE e BNG de “aprendices de ditadores”

Os populares consideran probado que o Goberno Provincial "obstaculizou" o labor de "oposición" e "fiscalización" do grupo, non deixándolles acceder ás instalacións da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os portavoces dos Grupos Provincial e Municipal do PP de Lugo, Antonio Ameijide e Elena Candia, fixeron público este xoves o “novo tirón de orellas” que supón ao seu xuízo a resolución da Valedora do Pobo en relación á denuncia formulada polo partido acusando o Goberno Provincial de “prohibir o acceso” de deputados populares a instalacións da Deputación e “obstaculizar” así o “labor de oposición” do grupo.

“O que fai a resolución da Valedora do Pobo é parar os pés a PSOE e BNG na súa actitude ditatorial, soberbia e totalmente caciquil de non permitir o acceso a información para que os grupos políticos que estamos na oposición podamos facer o noso traballo de fiscalización”, manifestou Antonio Ameijide, que cualificou o ditame da Valedora do Pobo, recibido polo grupo “hai dous días”, como un “novo tirón de orellas ao Goberno Provincial e en especial a José Tomé”.

En outubro de 2023, o Grupo Provincial do PP de Lugo rexistrou unha petición de amparo ante a Valedora do Pobo para denunciar a prohibición de acceso dalgúns deputados do partido a instalacións e dependencias provinciais como o Fogar de Santa María. Unhas trabas que “vulneraban”, defendían entón desde o PP, un “dereito fundamental recollido na Constitución” e que agora se viu ratificado, destacan, coa resolución da Valedora.

“A Valedora do Pobo di claramente que no caso de que sexa unha instalación provincial que estea pechada ou que non sexa de uso público, bastará cunha comunicación, cando o presidente da Deputación dicía que tiña que dar unha autorización expresa. Se por José Tomé fose calquera de nós tería que pedir permiso para entrar no edificio da Deputación”, denunciou Ameijide.

“APRENDICES DE DITADORES”

Na rolda de prensa convocada polos portavoces do PP fronte á sede a Deputación de Lugo para dar conta da resolución da Valedora, Antonio Ameijide mostrouse moi crítico coa forma de actuar do Goberno Provincial: “O PSOE e o BNG son aprendices de ditadores, e isto dígoo con toda a contundencia, pola forma de executar os seus labores de goberno”, asegurou.

Nunha liña moi similar pronunciouse a portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, que cualificou a resolución da Valedora como “exemplar” e estableceu un “paralelismo” entre as trabas presentadas polo Goberno Provincial aos deputados do PP e as do Concello de Lugo “impedindo a entrada ao auditorio” a membros do partido. “Esperamos rexistrar esta resolución para que se dean por decatados, para que cambien a súa forma de traballar e déanse conta de que esta non é a súa casa“, manifestou Candia.

O portavoz do Grupo Provincial Popular finalizou a súa intervención ante os medios indicando que o partido presentará no próximo pleno unhas preguntas sobre a resolución “para que quede constancia por escrito” e que adoptará todas as medidas necesarias para que non se sigan “vulnerando”, indicou, “dereitos fundamentais que impidan o traballo de fiscalización” do grupo. “A Valedora dálle un mes ao equipo de Goberno, en especial ao presidente, para que informe se vai acatar ou non a resolución”, puntualizou Ameijide, para acto seguido explicitar o seu desexo de que PSOE e BNG “cambien a súa actitude á fronte da institución”.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...