InicioPolíticaJosé Manuel Mato deixará a Alcaldía de Paradela para concorrer como número...

José Manuel Mato deixará a Alcaldía de Paradela para concorrer como número 5 na candidatura do PP por Lugo

José Manuel Mato foi o alcalde "máis antigo" da provincia de Lugo, xa que tomou posesión do cargo en 1979, con 24 anos de idade, e ten no seu haber 12 maiorías absolutas ao longo das últimas catro décadas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Paradela, José Manuel Mato, concorrerá como número 5 na candidatura do PP pola provincia, para as eleccións autonómicas do próximo 18 de febreiro, e fará efectiva a súa renuncia nun pleno que se celebra este venres. Así o comunicaron fontes do PP provincial, que informaron de que será a tenente de alcalde Montserrat Mulet (que actualmente compaxina o seu cargo coa súa responsabilidade profesional como médica no centro de saúde local) a que asuma o bastón de mando municipal.

O partido subliñou a “traxectoria impecable” de Mato, que “leva toda a vida dedicado ao municipalismo” e o propio candidato trasladou o seu agradecemento ao PP pola confianza depositada nel para iniciar unha nova etapa, que considera “unha oportunidade para seguir traballando e defendo” ao municipio de Paradela e á provincia de Lugo desde o Parlamento de Galicia.

José Manuel Mato foi o alcalde “máis antigo” da provincia de Lugo, xa que tomou posesión do cargo en 1979, con 24 anos de idade, e ten no seu haber 12 maiorías absolutas ao longo das últimas catro décadas. O PP aínda non deu a coñecer de forma oficial a composición das súas listas de face aos comicios galegos. No caso da provincia de Lugo, todo apunta a que, ademais de José Manuel Mato, estarán na candidatura, entre outros, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, ou a presidenta provincial do partido, Elena Candia.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...