InicioPolíticaUn xulgado avala que a Deputación de Lugo entre no accionariado de...

Un xulgado avala que a Deputación de Lugo entre no accionariado de Tragsa e encárguelle a limpeza de zonas verdes

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo desestimou un recurso do PP e avalou que a Deputación de Lugo, gobernada por PSdeG e BNG, comprase unha acción de Tragsa por 8.225 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo desestimou un recurso do PP e avalou que a Deputación de Lugo, gobernada por PSdeG e BNG, comprase unha acción de Tragsa por 8.225 euros e encargáselle á mesma empresa pública o servizo de mantemento e conservación das zonas verdes.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) xa emitira unha sentenza na que confirmaba a legalidade da entrada no accionariado mediante un decreto de Presidencia da Deputación, de 2019, e un acordo da xunta de goberno, de 2022, que encargou a Tragsa este servizo.

Agora, unha nova resolución do Xulgado do Contencioso-Administrativo, segundo informa a través dun comunicado a institución provincial, alude a ese pronunciamento do TSXG: a compra da acción para empregar a empresa como medio propio “podía decidila a Presidencia da Deputación, como así o fixo”.

E é que, ao ser unha empresa pública estatal, “non é preciso” que o goberno provincial deseñe unha memoria económica financeira. Tampouco ve a xulgado “desviación de poder algunha” na decisión de que fose o pleno o que ratificase os acordos. O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, celebra esta sentenza coa que o PP “fracasa de novo” no seu intento de “torpedear a xestión” do seu goberno con Tragsa. Así, Tomé cre que os populares deben “rectificar e pedir desculpas, coa mesma intensidade e cos mesmos medios” que cando emprenderon estas accións xudiciais con “mentiras e enganos”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...