InicioPolíticaAlfonso Rueda participa este domingo na tradicional pulpada de San Froilán

Alfonso Rueda participa este domingo na tradicional pulpada de San Froilán

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP da provincia de Lugo reunirase este domingo na súa tradicional pulpada de San Froilán, á que acudirá o presidente autonómico do partido, Alfonso Rueda. A este evento, que se celebrará no Hotel Torre de Núñez de Lugo a partir das 14.00 horas, acudirán tamén a presidenta do PP provincial, Elena Candia, e distintos representantes da formación a nivel local, autonómico e nacional.

Trátase, segundo explica Candia, dun “encontro de confraternidade para compartir entre todos e gozar do que é o PP da nosa provincia“. “Un partido unido no que os valores que nos caracterizan están máis presentes que nunca e que teñen no noso líder galego o seu maior embaixador”, conclúe a presidenta do PP de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...