Home Lugo e contorna Lugo O PP de Lugo presenta unha moción de urxencia para “desbloquear” o PXOM

O PP de Lugo presenta unha moción de urxencia para “desbloquear” o PXOM

0
O PP de Lugo presenta unha moción de urxencia para “desbloquear” o PXOM
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, nunha imaxe de arquivo na presentación do 5% do PXOM de Lugo / CONCELLO DE LUGO

O PP de Lugo presentou unha moción de urxencia para “desbloquear” o plan de ordenación municipal, entendendo que “as cuestións técnicas a emendar pódense resolver con traballo e vontade política”.

Por iso, os populares sinalan que, desde o primeiro día en que se deu a coñecer que a Confederación Hidrográfica “paralizaba a tramitación do plan xeral”, o PP pediu “diálogo” coa CHMS, que preside “un cargo do PSOE”, así como tamén co equipo redactor. O PP tamén solicitou unha reunión de portavoces, que, polo momento, tivo “a calada por resposta”.

Aprobar o plan xeral “é posible e o PP traballou e traballa a favor de resolver esta tramitación a man do goberno local”, xa que “impulsar este documento é vital para o desenvolvemento do municipio”. “Non estamos á fronte de ningunha dificultade inabarcable, son cuestións técnicas e así o queremos facer saber á cidadanía”, remacharon os populares.

+ posts