InicioSociedadePiden seis anos de prisión para un home acusado de saltarse un...

Piden seis anos de prisión para un home acusado de saltarse un control en Lugo e atropelar na súa fuxida a un axente

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home será xulgado este venres, 27 de outubro, no Xulgado Penal número 1 de Lugo como responsable dun delito contra a seguridade do tráfico e a seguridade viaria e outro de atentado e lesións leves por saltarse un control preventivo de alcoholemia e drogas (no punto kilómetrico 550 da N-V) e atropelar a un axente da Garda Civil na súa fuga.

Os feitos tiveron lugar na tarde do 8 de outubro de 2021, no termo municipal de Lugo, cando o acusado, que circulaba sen permiso de condución debido a que nunca o obtivo, fixo caso omiso ao alto realizado por unha patrulla da Garda Civil para realizar un control de alcoholemia e drogas, proseguindo a súa marcha e arroiando co seu vehículo a un dos axentes.

De acordo ao recolleito no escrito fiscal, as lesións sufridas polo axente requieron de asistencia sanitaria e supuxeron un período de recuperación de 97 días para o funcionario das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. O acusado, que realizou na súa fuxida unha serie de manobras prohibidas antes de ser interceptado, enfróntase agora a unha pena acumulada de seis anos de cárcere: dous por un delito contra a seguridade viaria e a seguridade do tráfico e outros catro por un delito de atentado.

O Ministerio Fiscal solicita ademais para o acusado a privación de conducir vehículos de motor e ciclomotores durante un período de seis anos e unha indemnización para o axente, en concepto de responsabilidade civil, de 3.500 euros polo tempo de recuperación das súas lesións e as secuelas ocasionadas.

+ posts

ÚLTIMAS

Acusan a Elena Candia do “maior acto de vulneración democrática vivido nun pleno do Concello de Lugo”

  O voceiro socialista no Concello de Lugo, Miguel Fernández, criticou este xoves con enorme...

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...