InicioPolíticaNegueira de Muñiz, único concello galego con listas abertas, apoia de novo...

Negueira de Muñiz, único concello galego con listas abertas, apoia de novo ao socialista José Manuel Braña

Segundo os datos oficiais, incrementouse notablemente a participación, que pasou dun 90% en 2019 a un 98,34%

PUBLICADA O

- Advertisement -

O concello lucense de Negueira de Muñiz, o máis pequeno de Galicia e o único que elixe os seus gobernantes a través de listas abertas, revalidou este 28M o apoio ao seu rexedor socialista, José Manuel Braña, no cargo desde hai dúas décadas.

Este municipio, no que se elixen cinco representantes municipais, é o único da comunidade no que se vota mediante listas abertas. De tipoloxía similar á que se utiliza para elixir representantes no Senado, a papeleta das municipais divide entre as candidaturas e, á beira de cada nome, aparece unha casa na que se pode pór unha cruz. Deste xeito, os veciños seleccionan ás persoas de cada candidatura ás que ofrecer o seu apoio.

A lei electoral recolle que, para concellos de entre 101 e 250 residentes –o censo que se tivo en conta para os comicios aínda situaba Negueira por baixo dos 250, aínda que, segundo o alcalde, a situación cambiou– cada formación poderá presentar unha lista como máximo de cinco nomees. Cada elector pode seleccionar catro candidatos.

Neste 28M, a lista socialista incluía cinco candidatos, mentres que a do PP estaba composta só por unha. No caso de Negueira Viva, inicialmente eran catro os integrantes da candidatura, pero Laura Lledín, quen ademais a encabezaba, tivo que renunciar por incompatibilidade, ao ser xuíza de paz substituta.

Finalmente, catro do cinco edís de Negueira de Muñiz serán socialistas –Ana Álvarez, Natalia Graña e Raquel Díaz– e José Manuel Braña repetirá como alcalde –sendo, ademais, o máis votado de todos os candidatos–. O quinto edil será Carlos Izquierdo, de Negueira Viva.

Esta opción electoral, en risco de desaparecer se o próximo censo supera os 250 habitantes, alcanzou, ademais, un gran apoio entre os veciños. Segundo os datos oficiais, incrementouse notablemente a participación, que pasou dun 90% en 2019 a un 98,34%. Non houbo abstencións e unicamente contabilizáronse tres votos nulos.

ÚLTIMAS

Dáse á fuga tras tirar a un motorista e case atropelar a algúns peóns

O condutor dun turismo deuse á fuga este luns en Lugo tras chocar por...

O PP critica a PSdeG e BNG por non apoiar a instalación de Altri

O PP subliñou este martes o seu apoio á implantanción da factoría de Altri...

Case douscentos veciños de Lugo participan esta semana no programa ‘Coñece a túa Provincia’

Máis de 180 veciños de seis entidades da provincia de Lugo participan esta semana...

Retiran a rampla de acceso ao Miño inaugurada hai 13 días por acabarse o permiso para este verán

Os servizos municipais retiraron este luns a pasarela de acceso ao río Miño en...