InicioPolíticaO alcalde de Pol protagoniza un novo altercado nun campo de fútbol

O alcalde de Pol protagoniza un novo altercado nun campo de fútbol

Lino Rodríguez xa foi condenado polo Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo por agredir a un mozo durante un partido de fútbol no municipio

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Pol denunciou un novo altercado do alcalde, o socialista Lino Rodríguez Ónega, nun partido de fútbol. Segundo detallan os populares, o rexedor, que tamén é presidente do club local, tentou entrar no vestiario do CD Castro, que acababa de gañar 0-1 á Sociedade Deportiva Pol, molesto pola forma en que celebraban esta vitoria.

Con todo, el defende que baixou ao vestiario visitante porque mentres celebraban o triunfo escoitou golpes contra o teito e comprobou que romperon un cristal e azulexos da instalación, propiedade municipal.

Ademais, reprochou a actitude do adestrador do CD Castro, xa que, segundo Lino Rodríguez, cando se dirixiu a el para pedirlle explicacións polo que estaba a ocorrer, limitouse a dicir que “estaban a celebrar a vitoria”.

Nesta liña, lamentou que estes feitos ocorresen cun club ao que, segundo apuntou, deixaron as instalacións deportivas municipais nalgunha ocasión a tempada pasada. Así mesmo, o rexedor lucense quixo destacar que o capitán do CD Castro recoñeceulle os feitos e trasladoulle que “xa se pagará”.

Segundo a versión dos populares, Lino Rodríguez dirixiuse “enfadado” aos vestiarios para reprender a actitude dos xogadores visitantes que “estaban a celebrar a vitoria”.

Ante esta situación, o PP de Pol emitiu un comunicado no que mostra o seu rexeitamento á conduta “inadmisible” do alcalde e lamentou que o municipio “volva ser noticia por unha polémica máis do seu rexedor”.

“O PP LOCAL SON CARROÑEROS”

Ante estas críticas do PP local, Lino Rodríguez foi claro: “Quero dicir alto e claro que os do PP de Pol son uns carroñeros. Non teñen forma de meterme bocado e por iso aproveitan todas as debilidades”.

PP PROVINCIAL

Sobre este altercado, o PP provincial preguntou ao presidente da Deputación e secretario xeral dos socialistas lucenses, José Tomei, “ata cando pensa tolerar os comportamentos de Rodríguez” que, engade, “repítense ao fío de encontros deportivos”.

ANTERIOR ALTERCADO

Lino Rodríguez xa foi condenado polo Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo por agredir a un mozo durante un partido de fútbol no municipio.

Estes feitos remóntanse ao pasado 8 de maio, durante o partido de fútbol entre o Pol e o Portomarín, onde ambos os equipos se xogaban o ascenso a Rexional Preferente.

O agredido, Brais Rodríguez, afeccionado do Portomarín, acudiu a Pol xunto cuns amigos, subíndose a unha especie de plataforma para animar ao seu equipo usando un bombo.

O alcalde reprochoulle esta actuación e, tras unha advertencia previa na que o rexedor lle pediu que se baixase da estrutura na que estaba co bombo, produciuse un encontrón.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ó goberno local de “improvisación” e “falta de xestión” na regularización de terrazas

O PP de Lugo acusou este sábado ao goberno local de "improvisación" e "falta...

Falece un home de 62 anos tras chocar o seu vehículo contra unha árbore en Abadín

Un home de 62 anos faleceu á primeira hora deste sábado nun accidente de...

Un condutor borracho e drogado foxe tras ter un accidente e choca contra seis coches aparcados na rúa das Fontes

Un condutor ebrio foi interceptado pola Policía Local tras fuxir dun accidente e chocar contra seis...

O PP pide ao Goberno que “amplíe prazos e orzamentos” para a rehabilitación dos barrios da Milagrosa e Feijóo con fondos europeos

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e a deputada lucense no...