InicioPolíticaO PSdeG pide explicacións ante os comentarios do delegado da Xunta á...

O PSdeG pide explicacións ante os comentarios do delegado da Xunta á portavoz da Deputación

Para os socialistas as afirmacións de Arias "evidencian unha falta de respecto institucional"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PSdeG reclamará explicacións ao Goberno galego no próximo pleno do Parlamento polo “comportamento absolutamente inaceptable” do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, ante a portavoz da Deputación, Pilar García Porto, a quen, segundo relatan os socialistas, no contexto dunha reunión convocada para analizar o convenio colectivo do Consorcio de Bombeiros Provincial, Arias “esixiu que se presentase nela o presidente da Deputación ao considerar que a participación da deputada non era suficiente”.

Para os socialistas, o representante autonómico en Lugo realizou afirmacións que, “máis aló de supor unha descualificación absolutamente inaceptable desde o máis elemental respecto persoal a unha representante lexítima de institución provincial, evidencian unha falta de respecto institucional que compromete á Xunta”.

Así, destacan que resulta “absolutamente inadmisible que Javier Arias pronunciase termos como “Dille a Pilar que mova o cu e veña para a reunión”, aseguran, unhas palabras que consideran “impropias en calquera relación” e “aínda máis entre institucións públicas”.

Por este motivo, os socialistas preguntarán no próximo pleno ao Goberno galego se considera necesaria algunha actuación ante o “comportamento absolutamente inaceptable do delegado territorial da Xunta en Lugo”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

Lugo reactiva tras case cinco anos a Mesa Local de Comercio para impulsar novas medidas de apoio ao sector

O Concello de Lugo reactivou este martes a Mesa Local de Comercio despois de...

O único xulgado polo incendio mortal en Tableros Hispanos de Nadela nega a súa responsabilidade no sinistro

O xuízo polo incendio mortal rexistrado en 2019 na planta de Tableros Hispanos de...