InicioA UlloaMonterrosoO exalcalde Antonio Gato regresa ao PSOE para encabezar a súa candidatura...

O exalcalde Antonio Gato regresa ao PSOE para encabezar a súa candidatura nas municipais de Monterroso

Deste xeito, volve aos 77 anos ao partido co que gobernou o municipio lugués entre 1999 e 2015.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O exalcalde de Monterroso Antonio Gato regresa ao Partido Socialista para encabezar a candidatura do partido no municipio na comarca da Ulloa nas eleccións municipais da próxima primavera.

O anuncio foi efectuado este mércores nunha rolda de prensa na que participou o propio Gato, acompañado polo secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomei, quen destacou que o regreso do exrexidor a filas socialistas fai do socialista un “proxecto gañador” para Monterroso.

Deste xeito, Gato volve aos 77 anos ao partido co que gobernou o municipio lugués entre 1999 e 2015. Tres anos despois, en 2018, abandonou o partido polo que tamén foi deputado autonómico para encabezar unha candidatura independente coa que logrou recuperar o bastón de mando, aínda que en minoría.

No verán de 2020, dimitiu como alcalde dun goberno no que contaba co único apoio do edil de Compromiso por Galicia despois de que Gato cesase dous meses antes aos concelleiros do Partido Socialista.

Durante a rolda de prensa, o exrexidor manifestou que volve á súa “casa”. “Estou moi ilusionado, moi aliviado e francamente con moitas ganas de volver traballar nunhas condicións que estou seguro de que van ser favorables para Monterroso e para todos os veciños e veciñas do concello”, manifestou Gato, segundo recolle un comunicado.

“Monterroso precisa e merece un goberno serio e responsable, que deixe atrás estes anos de desgoberno ao que levou a actual alcaldesa e o PP gobernando xuntos, xa que foron incapaces de cumprir o que comprometeron e só responden a intereses particulares”, sinalou Tomei.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...