InicioPolíticaO PSdeG de Lugo advirte á Xunta: "É moi grave acusar ao...

O PSdeG de Lugo advirte á Xunta: “É moi grave acusar ao Goberno de ocultar datos da caída do viaducto”

Esixe á Xunta que "deixe de lanzar boatos" sobre o colapso do viaduto da A-6

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria de Organización dos socialistas na provincia de Lugo, Pilar García Porto, pediu en nome do partido este luns á Xunta que deixe de “lanzar boatos” sobre o viaduto do Castro na A-6 que colapsou o pasado mes de xuño.

García Porto criticou as declaracións da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, en relación ás causas do accidente e solicitoulle que “aprenda da transparencia, a rigorosidade e a axilidade que demostrou o Goberno central desde o primeiro momento”.

Todo iso despois de que Vázquez asegurase que sospeita de que o Executivo sabe as causas da caída do viaduto, polo que pediu información respecto diso, tachando ademais de “solución parcial” o desvío da A-6 operativo desde este sábado.

Os socialistas lucenses consideraron “gravísimas” as declaracións da conselleira, sinalando que son, ao seu xuízo, “unha irresponsabilidade” e unha “deslealdade e falta de rigor”.

“Sen achegar ningunha proba das súas manifestacións, a conselleira apúntase ás teorías da conspiración tan estendidas no PP como cortina de fume para tapar a súa incapacidade para resolver os problemas dos galegos que son en exclusiva da súa competencia”, engadiu García Porto.

A secretaria de Organización reivindicou que os socialistas queren que se analicen as causas do incidente e que se siga traballando na procura de solucións para que se abra a estrada con todas as garantías.

“Pero tamén lle pedimos ao Goberno da Xunta que non difame e que actúe coa responsabilidade que se lle supón. Unha conselleira non pode saír nos medios de comunicación esparexendo boatos e medias verdades sobre ningún tema, e moito menos sobre unha infraestrutura estratéxica para a provincia de Lugo e para Galicia”, sentenciou Pilar García Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

Alertan de danos inminentes en bens arqueolóxicos de Parada, en Outeiro de Rei

Mariña Patrimonio vén de poñer en coñecemento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Os ‘populares’ sinalan a obriga de abrir a residencia de Becerreá como un golpe para PSOE e BNG

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, sinala que "a condena...