InicioCulturaFalece a lucense Ana Goy Diz, historiadora e membro da Real Academia...

Falece a lucense Ana Goy Diz, historiadora e membro da Real Academia Galega de Belas Artes

PUBLICADA O

- Advertisement -

A catedrática de Historia da arte Ana E. Goy Diz (Lugo, 1966), que desde maio era membro da Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba), faleceu este luns, segundo confirman a Europa Press fontes da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Goy Diz era profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo e ata o momento impartía clases en diversas titulacións.

Fai menos de catro meses, o 28 de maio, ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes, na categoría de ‘Expertos nas Artes’, tras pronunciar un discurso titulado ‘Ribeira Sacra: a construción dunha paisaxe cultural’.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...