InicioCulturaLara Méndez sobre o Caudal Fest: "É un festival tremendamente consolidado"

Lara Méndez sobre o Caudal Fest: “É un festival tremendamente consolidado”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez valorou positivamente o Caudal Fest, un festival "tremendamente consolidado", que se celebrou durante o pasado fin de semana na capital lucense con artistas como Estopa, Roube, Izal, Ilegais ou Morade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez valorou o Caudal Fest, un festival “tremendamente consolidada”, que se celebrou durante o pasado fin de semana na capital lucense con artistas como Estopa, Roube, Izal, Ilegales ou Morade.

Méndez sinalou que aínda “se fará unha valoración, en breve, con datos enrriba da mesa”, pero ‘a priori’ foi “como todos os anos”: “positiva e excelente, en canto a termos de afluencia e de datos económicos”. A rexedora lucense destacou que “a pesar do impás do añopasado, coas limitacións Covid e o anterior que non se puido celebrar”, agora o festival “recuperou a súa esencia”.

Así, subliñou que en catro edicións demostrouse que é “un festival tremendamente consolidado” e “de referencia a nivel galego e a nivel nacional”. “Xa é un festival onde a xente garda eses días para vir a Lugo. Iso permítenos achegar Lugo a toda a cidadanía que nos visita de Galicia e tamén xente que vén doutros lugares de España”, remarcou a alcaldesa.

En todo caso, afirmou que o seguimento durante os dous días de festival foi “masivo”, algo que se desprende da venda de todas as entradas; ata 30.000 mil para os dous días.

+ posts

ÚLTIMAS

Os premios Dalle like recoñecen os creadores de contido galegos co apoio da Deputación

  O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado na...

O PP reclamará na Deputación o arranxo da LU-P-1811 en Chantada

Os deputados do Grupo Provincial Popular reclamarán no vindeiro pleno que o goberno da...

Lugo aproba o seu novo organigrama cun aforro do 40% no gasto político

O Concello de Lugo acolleu este venres a sesión plenaria na que se aprobou...

A Deputación financia unha nova área de autocaravanas na Pastoriza

  O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este sábado na inauguración da...