InicioLugo e contornaLugoConstituída a Mesa de Coordinación Policial polo Concello de Lugo contra a...

Constituída a Mesa de Coordinación Policial polo Concello de Lugo contra a violencia de xénero

A constitución desta Mesa dá cumprimento ao establecido no apartado IV, "Órganos de coordinación", do protocolo promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio do Interior asinado o 13 de marzo de 2006. No caso de Lugo, a adhesión municipal formalizouse o 5 de maio de 2025

PUBLICADA O

O Concello de Lugo constituíu a primeira Mesa de Coordinación Policial prevista no Protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de violencia de xénero (Viogén).
A Mesa está integrada polo equipo VioGén da Policía Local de Lugo, tamén asistiron por parte da policía nacional o xefe da brigada provincial da policía xudicial, así como o xefe da unidade de atención á familia e muller; por parte da Subdelegación do Goberno a xefa da unidade de violencia sobre a muller. Na xuntanza celebrada esta mañá acordouse volver a manter un novo encontro a principios de 2027 e incorporar á esta mesa de coordinación á policía autonómica así como a representantes do Centro de Información da Muller (CIM). Tamén se propuxo crear mesas intersectoriais coa participación dos servizos sociais.
A constitución desta Mesa dá cumprimento ao establecido no apartado IV, “Órganos de coordinación”, do protocolo promovido pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio do Interior asinado o 13 de marzo de 2006. No caso de Lugo, a adhesión municipal formalizouse o 5 de maio de 2025. Coa súa constitución, o Concello de Lugo avanza na aplicación do protocolo e na colaboración entre os servizos responsables da protección das vítimas de violencia de xénero, cun obxectivo común: favorecer unha atención coordinada, eficaz e adaptada ás necesidades de cada caso.
+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...

Benigno Gómez (PSOE), o alcalde que deixa Cervantes para gozar da xubilación tras cinco maiorías absolutas

O socialista Benigno Gómez, nacido en 1953, presentou este luns a súa renuncia como...

Begonte chora a Jesús Domínguez Guizán, o cura que puxo no mapa o seu belén

O Concello de Begonte (Lugo) declarou dous días de loito pola morte o pasado...