InicioLugo e contornaLugoElena Candia tamén apoia a Rueda para suceder a Feijóo no PP...

Elena Candia tamén apoia a Rueda para suceder a Feijóo no PP e a Xunta

Súmase ao pronunciamento público de Baltar que abre todas as portas ao Vicepresidente Primeiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, ratificou este mércores publicamente o seu apoio ao vicepresidente primeiro da Xunta e líder provincial dos populares en Pontevedra, Alfonso Rueda, para suceder a Alberto Núñez Feijóo tanto á fronte da Xunta como do partido.

“Creo na súa experiencia de xestión e na súa experiencia orgánica”, aseverou Candia, quen ata agora se mantivo en silencio e que dá un paso á fronte para apoiar expresamente a Rueda un día despois de que o fixese Manuel Baltar. A dirixente lucense asegura que trasladou a súa opinión tanto a Feijóo como ao propio Alfonso Rueda. “Se decide dar o paso, eu estarei ao seu lado e tamén o votarei na sesión de investidura cando chegue o momento”, sentenciou.

SILENCIO NA CORUÑA

O líder provincial coruñés, Diego Calvo, declinou polo momento facer un pronunciamento público en relación á proposta dunha vía de unidade encabezada por Rueda que Feijóo abordou en días pasados cos principais dirixentes do partido.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Un tractor derruba parte dunha capela en Guitiriz e o condutor fuxiu do lugar

Un tractor chocou coa capela de San Xosé en San Paio de Parga, situada...

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Rescatan un condutor atrapado no seu vehículo tras envorcar en Lugo

Os bombeiros de Lugo rescataron a un condutor que quedou atrapado no interior do...