InicioPolíticaO PP da provincia de Lugo presentará candidaturas nos 67 concellos para...

O PP da provincia de Lugo presentará candidaturas nos 67 concellos para as municipais de 2023

A presidenta dos populares lugueses, Elena Candia, remarcou: "hai que dicir con humildade e con dose de realismo, que agora hai un momento onde a xente se aproxima a nós, moito mellor que en 2019".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo superou os 11.000 afiliados a nivel provincial, un 10 por cento máis, crecemento que destacou a presidenta dos populares lugueses, Elena Candia, como mostra do aumento do “compromiso” coa organización provincial en comparación coas últimas eleccións locais.

Este venres, a tamén deputada autonómica do PP incidiu en que “non se debería dubidar” de que os populares presentarán candidatura nos 67 municipios da provincia de Lugo de cara ás eleccións municipais de 2023.

“Hai que dicir con humildade e con dose de realismo, que agora hai un momento onde a xente se aproxima a nós, moito mellor que en 2019”, remarcou Candia.

“Estamos a crecer en afiliacións. A afiliación é o compromiso máis importante que pode ter un simpatizante co partido, con perfís de xente nova, conseguindo a implicación de profesionais e de sectores estratéxicos. En definitiva sumando”, incidiu.

Segundo as cifras achegadas por Candia, o PP de Lugo supera xa os 11.000 afiliados, 100 deles inscritos nas filas dos populares no último trimestre.

“Facemos falta todos. Ao noso partido non lle chega con gañar, obtendo grandes resultados non se consegue gobernar. Necesitamos estar máis preparados que o resto“, aseverou.

“Para iso hai que estar moi organizados, e levar na axenda proxectos que esperten ilusión e compromiso co territorio”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...