InicioComarca de MeiraA Covid volve a confinar a alcaldes... contaxiado o de Ribeira de...

A Covid volve a confinar a alcaldes… contaxiado o de Ribeira de Piquín

O alcalde de Ribeira de Piquín e deputado de Recursos Sustentables da Deputación de Lugo, Roberto Fernández Rico, deu positivo por coronavirus este luns. Fora vacinado coas dúas doses e atópase confinado no seu domicilio con síntomas moi leves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Ribeira de Piquín e deputado de Recursos Sustentables da Deputación de LugoRoberto Fernández Rico, deu positivo por coronavirus este luns. Fora vacinado coas dúas doses e atópase confinado no seu domicilio con síntomas moi leves.

Fontes do ente provincial confirmaron que nos últimos días non asistira presencialmente ao Pazo de San Marcos, polo que non hai ningunha outra persoa afectada. No caso do Concello, comunicáronse os posibles contactos estreitos.

Así pois, o rexedor comunicou os posibles contactos estreitos ás autoridades sanitarias para que determinen as medidas a tomar. As mesmas fontes explicaron que o deputado se atopa “ben e con síntomas moi leves” e que “seguirá traballando a distancia durante os días de confinamento” que lle indiquen as autoridades sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...