InicioSociedadeElimínase a pasarela de San Roque despois de 40 anos

Elimínase a pasarela de San Roque despois de 40 anos

A eliminación da pasarela de San Roque pon en valor a muralla romana e o camiño primitivo ademais de facer un tráfico máis fluído e seguro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, celebrou este luns a eliminación da pasarela de San Roque despois de 40 anos, unha infraestrutura cruzada por dous patrimonios da Humanidade: a muralla romana e o camiño primitivo.

Acompañada pola edil Paula Alvarellos, a alcaldesa compareceu ante os medios xunto aos promotores da obra para lembrar que o alcalde de hai 40 anos, Ibáñez Méndez, pediu ás técnicos solucións para adecuar esta zona. “E hai 30 anos o alcalde naquel momento, Notario Vacas, fixo esta pasarela provisional que ten os días contados”, sinalou.

A rexedora cualificou o inicio este luns dos traballos de “fito histórico” e sinalou que o “adecuar esta esquina” que dá á Rolda da Muralla era un dos grandes obxectivos do seu goberno desde o ano 2015.

Xustifica os traballos “para pór en valor os dous patrimonios” e “unificar e dar solución á peonalización que se está acometendo na zona da Mosquera (na rolda), para facer o tráfico máis fluído e máis seguro“.

“Estamos ante un día histórico na nosa cidade, que despois de moitos anos dun procedemento engorroso porque houbo que facer unamodificación do PEPRI (Plan Especial de Protección do Interioramurallado), inícianse as obras. Ten un prazo de execución de seis meses. Isto será un antes e un despois”, comprometeu.

Por último, Lara Méndez agradeceu a “sensibilidade dos promotores porque ceden ao longo de toda a fachada cinco metros para poder gañarlle así espazo e poder comunicar o carril rodado e o peonil”. “Ponse en valor os dous patrimonios (históricos), pero tamén pondo en valor obras que estamos a realizar desde o Concello como a peonalización da Mosqueira”, celebrou.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Os socialistas e o Concello de Lugo esixen á Xunta un compromiso plurianual para o Museo da Romanización

O Concello de Lugo e o PSdeG avanzaron que esixirán á Xunta un compromiso...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...