InicioLugo e contornaO PP ve "ridícula" a dotación do Goberno para a autovía entre...

O PP ve “ridícula” a dotación do Goberno para a autovía entre Lugo e Ourense

Cesnsuran a "falta de compromiso" de executivo para impulsar a vía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular censurou a “falta de compromiso” do Goberno coa autovía A-56 entre Lugo e Ourense, xa que os investimentos anunciados “non permiten avanzar” nos tramos da provincia de Lugo. A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia; senadores das provincias de Lugo e Ourense e alcaldes dos concellos polos que pasa a vía N-540 reuníronse este sábado en Chantada para denunciar o estado no que se atopa esta estrada nacional e pedir máis investimento para completar a A-56 que uniría Lugo e Ourense.

Os responsables populares aseguran que as previsións de investimento constitúen “unha mala noticia” para os veciños dos concellos da zona e acusan os socialistas de estar “ausentes”. A reunión celebrouse para analizar a resposta que deu esta semana a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, ao senador e alcalde de Chantada polo PP, Manuel Varela.

Nunha pregunta formulada na Cámara Alta, a ministra cifrou en 2,2 millóns de euros o investimento previsto para esta infraestrutura, unha partida cualificada de “ridícula” polo rexedor popular. A presidenta do PP de Lugo exclamou que “é irreparable o dano que está a facer o PSOE” á provincia lucense. Ademais, recriminan unha “falta de compromiso para terminar a A-56” por parte do Goberno.

Ademais, advertiu do mal estado da estrada nacional N-540, que é a vía alternativa que une ambas as capitais de provincia. Denuncian que a vía é “un grave perigo” para veciños e transportistas polo estado da calzada, especialmente en épocas de xeadas.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Remata a repavimentación da rúa Benxamín Paz en Vilalba

O Concello de Vilalba vén de concluír os traballos de aplicación do aglomerado en...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...