InicioPolíticaLara Méndez pide que Lugo estea na nova Executiva do PSdeG tras...

Lara Méndez pide que Lugo estea na nova Executiva do PSdeG tras o seu apoio a Formoso

Di que Valentín González Formoso "ofrece esa visión de reconstruír o partido, de integrar o partido, de fortalecer o partido".

PUBLICADA O

- Advertisement -

alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, reivindicou que a cidade “estea presente” na executiva nacional que arme o novo secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, despois do Congreso que os socialistas galegos celebrarán os días 7 e 8 de decembro.

Preguntada sobre a futura dirección da formación tras a vitoria de Formoso, Lara Méndez destacou que é unha cuestión que aínda “está por definir”. “O importante é o proxecto, e converterse en alternativa real” ao Partido Popular no Goberno galego.

“Evidentemente, Lugo ten que estar presente na executiva nacional, pero iso serán os pasos que se vaian dando de face ao Congreso que celebraremos a principios de decembro”, subliñou.

A rexedora considerou que coa víctoria de Formoso ábrese “unha nova etapa ilusionante”, unha “nova etapa na que a militancia falou e quere reconectar coa sociedade, buscar a integración de todos os membros do partido“.

“Temos unha militancia moi viva e moi activa que se manifestou cunha alta participación no proceso de primarias. Unha militancia que ten ganas de ser alternativa real ao Goberno da Xunta de Galicia”, defendeu.

Lara Méndez sinalou que é “desde os poderes públicos onde se pode transformar. “Desde as administracións, e queremos ser unha opción real ao goberno da Xunta de Galicia que está en mans do PP”, reiterou.

“En doce anos que leva o señor Feijóo á fronte da Xunta, nin temos claro que modelo de país queremos, nin temos claro que modelo de ordenación do territorio queremos, nin temos claro como queremos sustentar o alicerce do benestar e de educación e sanidade, nin temos claro que políticas imos ter para reconstruír a economía”, sostivo a rexedora de Lugo.

Dito isto, destacou que Valentín González Formoso “ofrece esa visión de reconstruír o partido, de integrar o partido, de fortalecer o partido e de crear eses equipos coa posibilidade de ser alternancia coa experiencia e o aval tanto no ámbito local, no concello das Pontes, como na Deputación da Coruña”.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...