InicioPolíticaO PP cualifica de "despropósito" a posible filtración de preguntas para oposicións...

O PP cualifica de “despropósito” a posible filtración de preguntas para oposicións no Concello de Lugo

O portavoz do grupo popular en Lugo, Ramón Carballo, advertiu da "mala imaxe e do desprestixio que se proxecta da institución" e, especialmente, da súa repercusión nos servizos prestados aos veciños.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do grupo popular en Lugo, Ramón Carballo, lamentou a polémica xerada nas oposicións a Policía Local e censurou o “despropósito” en materia de persoal do goberno local do municipio, tras unha posible filtración das preguntas do exame.

“O feito de que este asunto estea baixo a lupa dos tribunais non nos colle por sorpresa”, sinalou, para recortar que “nos últimos tempos son moitos os casos que acaban xudicializándose”, á vez que os responsables municipais “tentan lavarse as mans”.

Neste sentido, o ‘popular’ teme que o anuncio de levar o caso á Fiscalía sexa “unha cortina de fume” para amortecer “a súa responsabilidade”, tras a “presión que fixo o PP” expondo preguntas sobre o proceso.

Ramón Carballo lamentou que o PSOE e o BNG “non sexan capaces de levar a cabo os procesos selectivos”, nomeamentos de xefe de servizo ou a RPT “conforme á legalidade” e que teñan que ser os xuíces “os que diriman”, ou que levou a “numerosas sentenzas desfavorables”.

“Unha das máis sonadas, a da destitución fulminante da xefa de persoal, na que a xuíza dixo que os motivos alegados foron valoracións subxectivas”, insistiu.

O edil advertiu da “mala imaxe e do desprestixio que se proxecta da institución” e, especialmente, da súa repercusión nos servizos prestados aos veciños.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo reunirase cos 67 concellos da provincia para abordar as necesidades de cada municipio

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular explicaron este luns nunha nota de prensa que...

Ferido un traballador ao caerlle unha árbore enriba das pernas na Fonsagrada

Un traballador tivo que ser evacuado a un centro hospitalario ao resultar ferido despois...

Javier Ferreiro, polbeiro: “Trouxemos 20 toneladas de polbo para o San Froilán, case nada que picar”

Do 5 ao 12 de setembro Lugo convértese no lugar de Galicia idóneo para comer, compartir...

José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus: “Hai unha obsesión desmedida por comer cogomelos”

Chega o outono, as árbores cambian de cor, volve a choiva, pero aínda sen...